A Deputación di que o que “incumpre” en aportar os fondos da piscina é o Concello sarriano

O voceiro provincial socialista Manuel Martínez referiuse nos pasados días ante os medios de comunicación ás declaracións realizadas polo Concello de Sarria con respecto á piscina cuberta, que a Deputación financia dentro do Plan Extraordinario de Obra Pública. Martínez pediulle ó Alcalde de Sarria, José Antonio García, e ó seu goberno “que deixen de enganar ós veciños porque son eles os únicos que están retrasando este proxecto”. Neste senso explicou que, “a Deputación fixo os deberes”. O 18 de outubro terían ingresado a este Concello 1.457.000 euros, a cantidade consignada para a execución desta infraestrutura que ten un investimento toal de 1.800.000 euros. A cantidade restante, 343.000 euros, corre a cargo do Concello. Con data de 28 de outubro a entidade local tería aboado, segundo o voceiro provincial, 78.422 euros, co que, din, lle quedarían por pagar 264.578 euros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PP fala en Sarria de incumprimentos socialistas en canto ao polígono e ao plan de encauzamento

Seguinte Nova

Convocada en Sarria a XII edición do premio de poesía Fiz Vergara

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: