A Xunta reiterou o compromiso de realizar en O Incio a ponte de comunicación entre a LU-546 e o núcleo da Cervela

A delegada territorial anunciou que as obras levaranse a cabo no vindeiro ano

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, anunciou que a Xunta acometerá a realización dunha ponte sobre o trazado da VAC Sarria-Monforte para comunicar a estrada LU-546 e a parroquia da Cervela, no concello de O Incio, segundo o anunciado ao inicio das obras da Vía de Alta Capacidade Sarria- Monforte. Arias mantivo unha reunión coa alcaldesa do Inicio, Laura Celeiro, e o portavoz do PP na localidade, José Álvarez, xunto con técnicos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. No transcurso desta reunión, a delegada territorial reiteroulles que, seguindo o que xa se lle expuxera ao anterior alcalde da localidade, Ángel Camino, e tal e como se amosou dende a realización do proxecto da VAC Sarria-Monforte, a parroquia da Cervela será comunicada coa LU-546 mediante un viaducto para salvar o trazado da devandita estrada de alta capacidade.

OBRAS NO VINDEIRO ANO

Nesta reunión, os técnicos do departamento autonómico expuxeron o proxecto que se prevé para a realización da ponte. Para esta dotación, que salvará unha distancia de arredor de 100 metros, está previsto que a construción se realice durante o vindeiro ano, logo de que as condicións xeolóxicas do terreo retrasasen os traballos previos de desmonte nos últimos meses.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Certame de relato en Quiroga

Seguinte Nova

Raquel Arias inaugura en Taboada o novo local da Asociación Cultural Veciños de Cerdeda

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: