As Xornadas de Outono achéganse ao mundo dos cogomelos

As Xornadas de Outono que está a levar a cabo Xóvenes Agricultores en Chantada cun alto éxito de participación nos pasados días terán o seu colofón coa décimo sexta edición das Xornadas Micolóxicas que terá lugar dende o 17 ao 21 de novembro. As xornadas comprenden un curso dirixido a calquer persoa afeccionada á micoloxía ou que, simplemente, teña interese polo mundo dos cogomelos. Os asistentes a estas xornadas poderán coñecer as súas enormes posibilidades gastronómicas e aprender a distinguir entre os principais cogomelos comestibles e as especies tóxicas e velenosas, e valorar tamén o destacado papel que os fungos xogan no mantemento do ecosistema.

A pesar de que este ano non foi nada bo para a proliferación das especies por causas meteorolóxicas, dende XX.AA lembran “a inmellorable localización da comarca de Chantada”. O curso componse dunha parte teórica e outra práctica con saídas ó campo. A parte teórica terá lugar o día 17 de novembro no Salón de Actos da organización Xóvenes Agricultores.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pleno extraordinario en Chantada a instancias de PSOE e BNG

Seguinte Nova

Un monólogo para achegar as posibilidades das TIC ao rural

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: