Barreiro e Feijóo falaron do sector primario en Chantada

O cabeza de lista do PP ao Senado pola provincia de Lugo, Xosé Manuel Barreiro, referiuse na súa intervención no mitin celebrado o pasado 6 de outubro en Chantada á “aposta decidida, comprometida por Mariano Rajoy”, co sector primario. Dixo que o PP promoverá, no caso de gañar as eleccións, a incorporación de xóvenes á actividade agraria para frear o abandono do campo e o envellecemento da poboación no rural, facilitando así o relevo xeneracional. “Na Ribeira Sacra tedes moi presente, pola puxanza que ten a viticultura, o importante que resulta que os mozos se poñan ó frente das explotacións. Eles son a mellor garantía de que o sector teña futuro e así o están demostrando xa co recoñecemento e prestixio internacional que o seu traballo está a alcanzar”, indicou. “O Partido Popular respaldará ós emprendedores”, enfatizou. Barreiro tamén se referiu “ás infraestructuras aínda inexistentes reiteradamente prometidas polos socialistas, nomeadamente por José Blanco dende hai unha década”, facendo referencia á autovía Lugo-Ourense ou a que “ía unir Chantada con Monforte”, afirmou.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Castanhazo Rock: o bravú encheu o mercado gandeiro

Seguinte Nova

Gas Natural Fenosa inicia a rehabilitación do poblado de Os Peares

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: