Castanhazo Rock: o bravú encheu o mercado gandeiro

O ska de The Locos fixo danzar a o animado público que se concentrou no mercado ata altas horas da madrugada. Fotos: Segundo Navaza

O Mercado Gandeiro de Chantada volveu vivir a esencia bravú co festival Castañazo Rock, unha cita que parece asentarse despois de que un grupo de amantes da música decidise recuperar o evento hai agora catro anos. Novas formacións de estilos coma o ska de The Locos ou os galegos Skarallaos e clásicos coma Reincidentes ou Habeas Corpus comparti ron escenario con grupos internacionais representados este ano polos húngaros Bohemian Betyar´s ou os Falperrys de Vigo, quizáis máis próximos ao estilo bravú que lle dera vida ao primeiro Castañazo nos comezos dos 90.

O público respondeu en Chantada á chamada do Castanhazo Rock. Foto: S.Navaza

Público chegado dende moitas zonas de Galicia concentrouse xa dende a tarde para desfrutar das actividades complementarias, coma os xogos bravús ou o Castañazo infantil. Rematada a festa, foron moitos os que pernoctaron na vila do Asma repartidos entre algúns establecementos hostaleiros e no pavillón de deportes do CEIP Eloísa Ribadulla. A asociación Castañazo pensa xa na preparación da vindeira edición dun festival de características únicas no sur de Lugo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Javier Taboada, reelixido presidente de ICOS

Seguinte Nova

Barreiro e Feijóo falaron do sector primario en Chantada

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss