Novembro, unha nova chamada contra a violencia de xénero

O centro de información á Muller-CIM de Monforte atendeu 1.140 consultas durante o primeiro semestre do ano en curso, das cales 729 foron relativas á atención xurídica, 234 á atención psicolóxica, 139 a temas relacionados co emprego, e 38 referidas a recursos e programas específicos para as mulleres. En canto á violencia de xénero, a concelleira de igualdade, Ana Casal, destacou nos pasados días que se atenderan 32 casos durante o ano 2010 e que, nos dez primeiros meses do 2011, xa atendera 39 novos casos. Casal falou de que cada día hai máis denuncias, máis información e medios para realizalas, pero que aínda queda moito por facer.

A concelleira de Igualdade de Monforte, Ana Casal. EC

O lema baixo o que se organizan as actividades do Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, que se conmemrora o 25 de novembro, é “Se a silenciamos…, tamén maltratamos””, un lema que Ana Casal considera moi axeitado xa que, segundo comentou, “o problema é de toda a sociedade e todos somos cómplices se ante o coñecemento dun posible caso de violencia de xénero non o denunciamos”.

Dende o Concello convidaron a toda a cidadanía a participar das actividades que están en marcha durante todo o mes. O programa pode consultarse na web municipal www.concello de monforte.com.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O PSOE pide que se revise a idea e o proxecto para construír unha residencia de discapacitados en Bóveda

Seguinte Nova

Monforte impulsa o seu pasado sefardí como recurso para o turismo cultural

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss