O PP fala en Sarria de incumprimentos socialistas en canto ao polígono e ao plan de encauzamento

Olga Iglesias, candidata do PP ao Congreso, asegurou nos pasados días en Sarria que o goberno socialista só deixou en Sarria incumprimentos no que se refire, por exemplo, á segunda fase do polígono do Morelle.

Iglesias compareceu acompañada polo deputado autonómico José Manuel Balseiro e polo alcalde sarriano José Antonio García. Segundo indicou Olga Iglesias, o goberno central nin sequera dedactou o proxecto para acometer a ampliación deste polígono, a pesares de que os orzamentos do Estado prevía unha partida de algo máis de 14 millóns de euros repartirda en tres anualidades, 2011, 2012 e 2013, coa “circunstancia curiosa” de que o Goberno nunca fixou a data de inicio das obras. A candidata referiuse igualmente ao encauzamento dos ríos Sarria e Celeiro, pero recalcou que “aínda que neste caso si hai un proxecto redactado, non se introduciron as modificacións solicitadas polo Concello para evitar os problemas que o seu deseño inicial causaría ó barrio das Insuas”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Crearte celebrará o curso de risoterapia no mes de febreiro

Seguinte Nova

A Deputación di que o que “incumpre” en aportar os fondos da piscina é o Concello sarriano

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: