O PSdeG-PSOE de Bóveda denunciou nos pasados días que o alcalde desta localidade descoñece o estudo de viabilidade do proxecto para a residencia de discapacitados intelectuais graves que se está a facer no polígono industrial “xa que se trata dunha empresa privada a que o fai’, segundo afirman os socialistas que alega o mandatario local. O voceiro do PSOE na corporación, Pablo Arrais, explicou a través dunha nota de prensa que o seu grupo recibiu esta resposta no pleno do pasado día 31 de setembro.
CRÍTICA Á XUNTA
O PSOE local afirma que, segundo o rexedor, “efectivamente é un proxecto privado”, pero puntualiza que “se financia con cartos públicos e onde o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) vai a financiar 4 millóns de euros, “co cal non nos podemos remitir estrictamente ao ámbito privado, e máis cando o Conselleiro de Economía, o Director Xeral do IGAPE, o alcalde de Bóveda e a delegada territorial da Xunta en Lugo, estiveron visitando a residencia e “a bombo e platillo fixeron alarde dos millóns que a Xunta ía investir nese proxecto”cometa Arrais. O voceiro do PSdeG-PSOE de Bóveda esixe ao goberno municipal “que se moleste en coñecer o estudo de viabilidade e que teña en conta a opinión das asociacións de discapacitados e federacións das mesmas, que son os que mellor coñecen a situación dos seus afectados”, xa que hai uns meses se teñen oposto á construción dun centro destas características. O proxecto preve “presuntamente” un investimento total de 8 millóns de euros, indica Arrais.