Os ‘indignados’ impulsan un foro social na comarca

O Primeiro Foro Social Local de Monforte e Comarcas (FSLM+C) que se celebrará os días 26 e 27 deste mes, previsiblemente no salón de actos do IES Río Cabe, pretende ser “un espazo aberto de debate democrático de ideas, de afondamento da reflexión, formulación de propostas, intercambio de experiencias e artellamento de movementos sociais, redes, outras organizacións da sociedade civil que están preocupadas pola situación económica, social e medio ambiental do Sur de Lugo”. Segundo explican os seus impulsores, dende o movemento 15- M de Monforte, o que se quere é “propoñer alternativas locais aos problemas globais dende a perspectiva do movemento dos indignados”, apuntan.

O movemento 15 M ten a súa tímida repercusión na comarca de Lemos, onde os cidadáns se manifestaron recentemente. EC

INVITACIÓN A PROPOÑER IDEAS DE FUTURO

O FSM+C busca vincularse á “pluralidade e diversidade, tendo un carácter non confesional, non gubernamental e non partidario”. Os indignados de Lemos contarán unicamente coas aportaciós económicas de organizadores e voluntarios para o seu desenvolvemento. Dende o Foro convídase a toda a cidadanía, colectivos ou entidades a participar na aportación de ideas. O programa destas dúas xornadas desenvolverase a través da división en mesas temáticas nas que diversos relatores realizarán breves intervencións para que o público participe a través de preguntas ou opinións que vaian xurdindo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Lonxevidade e saúde en Sober

Seguinte Nova

O PSOE pide que se revise a idea e o proxecto para construír unha residencia de discapacitados en Bóveda

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: