Premios por mercar en Chantada

Os consumidores que aposten polo pequeno comercio en Chantada deica o 25 de novembro terán premio. A Federación Galega de Comercio, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Chantada e o Centro Comercial Aberto Ribeira Sacra teñen en marcha unha campaña de dinamización do consumo denominada ‘As compras na túa vila teñen premio’, que repartirá un total de 3.000 euros entre os compradores.

No centro, José Manuel Lage, presidente do CCA, xunto con José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio, Manuel Varela, alcalde de Chantada, e representantes de Novacaixagalicia. CCACH.

CONFIANZA NO PEQUENO COMERCIO LOCAL

O obxectivo é fomentar a confianza no comercio retallista a través do sorteo de dúas tarxetas regalo de 300 euros e 24 por valor de 100 euros. Os consumidores deberán presentar os seus tickets de compra ata o día 25 deste mes de novembro na carpa emprazada na Plaza de Santa Ana (Plazuela). Tamén lle poderán amosar os seus tickets ás promotoras que estarán repartidas ao longo das distintas rúas da vila. Dun xeito ou doutro, seránlles entregados boletos aos compradores para a participación no sorteo conxunto que terá lugar nesa data do 25 de novembro na Avenida Xoán XXIII ás 20.00 horas. Os posuidores dos boletos deberán estar presentes no acto para converterse en gañadores.

ACTIVIDADES

Nese acto haberá tamén unha festa final que contará con actuacións para nenos e para adultos, pero a animación estará presente durante toda a xornada na capital do Asma que será visitada por zancudos e malabaristas acompañados dun pasarrúas ás 12.30 horas e ás 17.00 horas. Ás 18.30 horas terá lugar un espectáculo de maxia cómica baseado na historia do Rei Midas, para continuar o espectáculo coa actuación de Mariana ás 19.30 horas, xusto antes do sorteo. Esta campaña está a ser publicitada a través dos propios establecementos comerciais, e desenvolverase nestes seis meses en oito localidades galegas, organizada polas federacións galega e provinciais de Comercio, a Dirección Xeral de Comercio e Novagalicia Banco. En Chantada conta co apoio do CCA.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Constitución da Mesa Provincial do Comercio en Lugo

Seguinte Nova

Área sanitaria: movemento cidadán e esixencia política para aclarar o futuro do hospital

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: