Raquel Arias inaugura en Taboada o novo local da Asociación Cultural Veciños de Cerdeda

Raquel Arias, acompañada de Ramiro Moure, Pilar García e José Ramos Ledo. GPDT.

Neste acto, a delegada territorial da Xunta en Lugo destacou o “empeño, o esforzo e o exemplo de colaboración” ofrecido por este colectivo, que durante os últimos meses, foi quen de acometer a rehabilitación integral dun inmoble abandonado na parroquia para poder empregalo como punto de encontro e lugar para a celebración de actividades por parte dos asociados e veciños da zona. Raquel Arias lembrou que a Xunta de Galicia contribuíu a esta iniciativa con 38.000 euros, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, dependente da Consellería do Medio Rural. Arias significou que iniciativas como a promovida pola asociación cultural de Cerdeda “serven para vencellar e afianzar á poboación do rural no seu propio ámbito”. No acto estiveron presentes o alcalde de Taboada, Ramiro Moure; a deputada provincial, Pilar García; e o xefe territorial de Educación, José Ramos Ledo.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta reiterou o compromiso de realizar en O Incio a ponte de comunicación entre a LU-546 e o núcleo da Cervela

Seguinte Nova

Lonxevidade e saúde en Sober

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss