Arias di que o documento da supervisión técnica para a construcción da nova potabilizadora de Monforte xa está no Concello

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, amosouse “estranada e sorprendida”, porque o alcalde de Monforte teña declarado que no Concello non se ten recibido a supervisión técnica do proxecto de mellora da planta de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos. Arias subliñou que, “tal e como consta no ente autónomo Augas de Galicia, o citado informe foi remitido o 20 se outubro 2011 ao Concello de Monforte, quen recepcionou o mesmo o 21 de outubro, según consta no acuse de recibo do que dispón Augas de Galicia”.

FINANCIACIÓN DESTE PROXECTO

Para a delegada territorial, a nova estación de tratamento de auga potable de Monforte é un dos proxectos máis importantes da lexislatura para a cidade do Cabe, por iso, indicou que “nada máis asumir as responsabilidades de goberno, ainda cunha situación de crise herdada, asumimos a responsabilidade de financiar un proxecto ao que outros lle deron as costas durante anos, aínda a sabendas do estado que presentaba o servizo de subministro de auga potable do municipios”. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas tería reorientado o gasto corrente destinando 2,5 millóns de euros a esta obra, que supoñen arredor do 50% do total a investir nesta dotación.

CRÍTICA POLÍTICA

“Hai que ser máis serios. Se non se ten control e constancia de algo, o mínimo que hai que facer e traballar para enterarse en lugar de enganar á xente”, enfatizou a delegada territorial, en referencia ás declaracións de Severino Rodríguez.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Melloras en Rubián • Medio Rural destinou 4 millóns a obras no sur de Lugo

Seguinte Nova

O Fiz Vergara de poesía acada difusión coa publicación do libro gañador

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: