O Concello de Monforte concede para a presente tempada deportiva un total de 67.418 euros, dos que 63.590 se destinan a entidades federadas e 3.828 a entidades non federadas.
Prazos de pago
Estas subvencións correspóndense cos gastos ocasionados polo funcionamento da entidade deportiva para o cumprimento dos seus fins, ao longo desta tempada, excepto as nóminas de xogadores. Unha vez rematado o prazo de presentación de documentación, este 30 de novembro, o Concello pagará o 50 % da contía da subvención aos clubs e entidades que xustificaran debidamente o gasto.
Subvencións por entidades deportivas
A agrupación deportiva A Pinguela é o equipo que maior cantidade percibe, un total de 18.000 euros, seguido do Calasancio, que percibirá 13.490 euros, e en terceiro lugar o Club Lemos, cunha aportación municipal de 10.370 euros. 2.200 euros percibiraos o clun de Piragüísmo e montaña Quixos. Pola súa parte, a Agrupación Deportiva A Gándara e o Club baloncesto Val de Lemos percibirán algo máis de 1.500 euros cada un deles. Asimesmo, o Arenas absorverá algo máis de 1.400 euros dentro deste programa de subvencións municipais. Por outra banda, no que se refire aos colectivos deportivos non federados, o Colexio Ferroviario e o Club Fluvial serán os que maiores cantidades perciban pola súa faceta deportiva, 600 euros en cada caso. Outros, coma a Agrupación Deportiva Veteráns ou Torre de Lemos acadarán cantidades similares.