As Escolas Oficiais de Idiomas da provincia de Lugo rexistran este curso unha matriculación de 3.176 alumnos en ensinanzas regradas polo réxime oficial na modalidade presencial, o que supón 613 máis que no curso 2008/2009, é dicir un incremento do 24% do alumnado destes cursos en catro anos. Unhas cifras que ademais se verán incrementadas unha vez se dispoña dos datos de matriculación nos cursos específicos que ofertan este centros, segundo informaron dende a Consellería de Educación. As EOIs lucenses ofertan este curso prazas en 193 grupos de ensinanzas regradas, nos idiomas de inglés, francés, alemán, italiano, galego e portugués; prazas repartidas entre as escolas de Lugo, Monforte, Ribadeo e Viveiro. Deste xeito o número de grupos ofertados medra un 15,6% respecto do curso 2008/2009, con 26 grupos máis. As medidas implementadas nas Escolas Oficiais de Idiomas enmárcanse na aposta que a Xunta de Galicia vén facendo, segundo indicaron, polo impulso da aprendizaxe de idiomas, fundamentalmente a través do Plan Galego de Potenciación das Linguas Estranxeiras.
Últimas noticias sobre CULTURA
Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de
Sempre son de agradecer as novas iniciativas culturais que xorden na nosa comarca. Unha delas, é
Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón
Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA
• Dentro da programación conmemorativa que organiza a Deputación con motivo do Día da Muller, o