Jesús R. Montero expón as imaxes da paisaxe ferroviaria de Monforte

A mostra deste fotógrafo monfortino está baseada no tren ao longo da paisaxe urbana de Monforte a natural da Ribeira Sacra

Gran afeccionado á fotografía, o monfortino Jesús Rodríguez Montero, amósanos estes días unha pequena parte da súa colección de imaxes vinculadas ao ferrocarril na Casa da Cultura de Monforte. Despois dunha ollada ás imaxes recopiladas dende a óptica dun amante desta arte, monfortino de pro e ademais ferroviario de profesión, Montero- como é coñecido máis popularmente- comparte connosco un amable café nunha tarde fría, disposto a reumir a súa vinculación co mundo das imaxes. Pero iso si, parte da súa tarde ocupado extraendo as luces, os reflexos, as cores e os símbolos que un cemiterio urbano pode ofrecer a unha cámara fotográfica á hora na que a luz do sol empeza a apagarse. Unha forma coma outra calquera de dar renda solta ao seu gran ‘quefacer’.

Autorretrato (montaxe real, non dixital). Foto: MONTERO.

O primeiro contacto

Polo ano 1987 Jesús merca a súa primeira reflex para fotografar soldadiños de plomo e a partir dese momento foi un non parar na aprendizaxe foto a foto, para ser o que adoitamos chamar un auténtico autodidacta nesta faceta, acompañando a súa práctica coa lectura de moitos libros e revistas sobre fotografía. Acadou varios premios de fotografía, algúns noutras zonas de España, e as súas fotografías foron publicadas en prensa, revistas, postais, catálogos e todos os soportes imaxinables en todos estes anos.

As temáticas

Calquera temática é fotografiable para o artista, que gosta de todos os temas, confesando como preferentes as paisaxes, as abstraccións ou os reflexos. A pesares de que a súa vida está intimamente ligada ao ferrocarril en moitos aspectos e dende hai moitos anos, nunca fixera unha exposición baseada nas paisaxes do tren. Nas súas exposicións estiveron representadas temáticas coma a Romaría Internacional, Flores do Val de Lemos, fauna, San Vicente do Pino, o río cabe fotos creativas… Empezou a fotografar ao tren polos primeiros anos noventa, momento no que comezou a colaborar con Líneas, a revista de Adif. Acumulou no seu arquivo montóns de fotografías en diapositivas sobre esta temática, pero ao chegar a era dixital o mundo da diapositiva perdeu a súa utilidade. Nos arquivos das empresas ferroviarias dixitalizáronse todas estas diapositivas, e Montero conserva aínda unha gran cantidade delas. Motivo suficiente para decidirse a montar unha exposición arredor desta temática tan relevante no pasado, e quen sabe se tamén no futuro, de Monforte.

“ El tren le gusta a todo el mundo, sean adultos o niños, se quedan mirando para él”, considera Montero, quens sabe tamén que o tren mantén unha relación especial coa infancia, quizá porque “ es el juguete que todos hemos tenido” en diversas épocas, polo que se pode considerar unha temática de interese case xeral. A meirande parte destas instantáneas están tomadas dende lugares que Montero considera accesibles para calquera, e fotografías que calquera podemos disparar, pero quizáis deberiamos engadir que é preciso contar coa mirada que ten un fotógrafo para poder conxelar as imaxes que pasan ás veces coa alta velocidade polas nosas mentes, ou contar co coñecemento e o interese que ten un monfortino vinculado ao ferrocarril.

Imaxe da estación de ferrocarril de Monforte dende a altura que forma parte da exposición sobre "O tren na paisaxe". Foto: MONTERO.

A fotografía dixital

“Disparar en dixital é gratis”, e esa é a verdadeira explicación da universalización da fotografía. De todas maneiras, Montero recomenda sempre pasar as fotografías a papel fotográfico, porque non leva tintas e segue a ser un proceso químico coma o da fotografía tradicional.

Sobre o arquivo

Pero todo o material acumulado en anos de paixón pola fotografía require un xeito de organizar e arquivar, que aliviado no senso do espazo pola chegada das imaxes dixitais, non por iso resta certa autoorganización , polo incremento do número de fotografías que tamén trouxo consigo a dixitalización. Montero adoita facelo por datas e temas, como imaxina pode facer a meirande parte da xente. Anos e meses e dentro deles, os temas. Por outra parte está o valor do material acumulado: negativos de actos institucionais e políticos dos anos 80 e 90 que quizáis non existen en máis lugar.

Fotoxornalismo

Nese arquivo persoal existen multitude momentos políticos, eventos institucionais, relixiosos, lúdicos que resumen o acontecer de Monforte dende hai uns 30 anos. Porque este amante da fotografía é testemuña da realidade e non é dificil atopalo con unha- e nalgunha ocasion do pasado dúas ou tres- cámaras colgando disposto a retratar os momentos da actualidade como calquera xornalista. Fotografiar a rúa é unha das súas paixóns, aínda que dubida de si lle tivera gustado dedicarse profesionalmente á fotografía ou ao fotoxornalismo, probablemente o xeito de abordala sería outro, quizáis con menos liberdade. A fotografía como xeito de ocio é suficiente e reconfortante, ao igual que a oportunidade de amosar os coñecementos a través dos cursos de fotografía e saír cos alumnos á rúa cada un dos ‘ outonos fotográficos’… A foto que tivera querido facer e non puido: quizáis quedou naquelas máquinas de vapor e asentos de madeira que surcaban as vías cando era mozo…

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Museo Xeolóxico de Quiroga abre as súas portas o 2 de novembro como símbolo da riqueza xeolóxica do municipio

Seguinte Nova

A comarca, contra a violencia de xénero

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: