Melloras en Rubián • Medio Rural destinou 4 millóns a obras no sur de Lugo

A Consellería de Medio Rural leva investido preto de 4 millóns de euros na mellora de dotacións rurais en municipios da zona sur de Lugo durante os dous últimos anos. Esta afirmación fíxoa a delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, nunha recente visita a Rubián. Nesta localidade vense de realizar unha reforma integral dos accesos ao recinto feiral con cargo ao programa do presente ano impulsado polo departamento autonómico. Nesta obra, enfocada á mellora da calidade do servizos e áseguridade, investíronse 81.830 euros. O firme e os servizos da rúa estaban obsoletos, polo que foi necesaria a súa renovación ao tratarse dunha rúa e estrada moi concorrida, sobre todo nos días de feira. Concretamente, as actuacións consistiron na remodelación integral das beirarrúas, a retirada do vello firme e aplicación dunha nova base no acceso e na zona de aparcadoiro a instalación de servizos varios como a rede de abastecemento e saneamento e o soterramento do cableado de telefonía e electricidade.

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Arquivo EC.

Tamén se levou a cabo a instalación e pintado de sinais viais en todo o tramo. No caso da zona sur de Lugo, o departamento autonómico investiu tamén en concellos das comarcas de Quiroga, Chantada e Terra de Lemos.

A delegada territorial subliñou que a Xunta, a pesar da actual situación de contracción económica, “está a incidir neste tipo de actuacións que serven para reequilibrar as dotacións e servizos entre os distintos territorios e que, en definitiva, repercuten nunha discriminación positiva para a Galicia interior”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O CIM de Sarria educa aos máis pequenos contra a violencia de xénero

Seguinte Nova

Arias di que o documento da supervisión técnica para a construcción da nova potabilizadora de Monforte xa está no Concello

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: