O CIM de Sarria educa aos máis pequenos contra a violencia de xénero

Segundo informaron dende o CIM -Centro de Información á Muller- de Sarria, este ano rexistrouse un récord de participación na III edición do concurso escolar de murais co gallo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Baixo o lema “Xuntos podemos. Non máis violencia”, un total de 39 obras de 114 alumnos da ESO presentáronse este ano a esta iniciativa que promove o CIM do Concello, co obxectivo de continuar impulsando a implicación da comunidade educativa na eliminación desta dramática problemática social. Admitiuse calquera recurso ou material para a elaboración do mural (textos, telas, obxectos variados…). Segundo as palabras da Delegada de Benestar Social, Promoción do Emprego e Turismo, María Ana de Jesús Fernández Castro, “é impresionante o grande esforzo e fondo que se desprende dos traballos que recibimos”.

O xurado valorou os criterios que establecen as bases: calidade dos traballos, coherencia entre a mensaxe do mural e a temática do concurso, creatividade e orixinalidade no tratamento do tema. As obras estiveron expostas na Casa da Cultura de Sarria ata o 1 de decembro. Este concurso acompañouse doutras actividades como teatro, charlas e unha declaración institucional do Pleno da corporación sarriá.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Usuarios e traballadores da axuda a domicilio celebran o primeiro aniversario en Monforte

Seguinte Nova

Melloras en Rubián • Medio Rural destinou 4 millóns a obras no sur de Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: