O Grupo municipal socialista de Monforte rexistrou unha moción que foi aprobada no último pleno para que o Alcalde realice as xestións necesarias para que se reparen as instlacións da depuradora co fin de que cesen os verquidos de augas fecais ao Cabe na zona da Barxela. Por outro lado, os socialistas monfortinos queren que se abra unha investigación para aclarar quen fixo os buracos que permiten que a estación de bombeo da Barxela verta augas residuais dun xeito directo cara o Cabe, producindo unha seria contaminación. Segundo indicaron dende o PSOE monfortino, os veciños informaron de que hai xa tempo que se están a producir estes verquidos que rexistran ademáis olores “insoportables”. O grupo da oposición pedía nesa moción que se leve a cabo vixianza para que non ocurra outro verquido na estación de bombeo e na depuradora municipal e que se negocie coa Xunta a construcción dunha nova depuradora e instalacións complementarias comprometida no Parlamento por responsables da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL
O PP de Monforte lamenta que, unha vez máis, “o equipo de goberno deixara en evidencia
• Consideran co Val do Lemos ten unhas condicións climáticas e edafolóxicas axeitadas para o cultivo
• Os deputados provinciais do PSdeG abstivéronse Cos votos a favor do BNG e o PP,
• Ademais, Katy Varela denuncia o “Nulo interese de Tomé por solucionar o problema máis grave
• A Xustiza dálle novamente a razón ó Concello e denega a Construcciones y Contratas Sánchez