O Foro Social do movemento 15M, xerme de actividade futura

O Comité organizador do 1º Foro Social Local de Monforte vinculado ao movemento 15M fixeron unha primeira e positiva valoración dos actos. Segundo un comunicado, afirman que “hai quen di que o Foro foi un fracaso por ter mesas con 20 ou 30 persoas de público, ou actos con case 70 asistentes. Quen mida así o éxito do encontro estará reducindo o seu sentido orixinal para que se perda”. Segundo relataron, este foro supuxo un encontro de persoas “con creatividade e proxectos” e con sensibilidades comúns dende diversos eidos.

Entre as conclusións do foro está a teima de que “outro mundo é posíbel” e as novas concepcións para gobernos e banca. O movemento de indignados da comarca de Lemos afirma estar sintonizado con outros movementos deste tipo ao longo de todo o país, e sobre todo “cunha nova sensibilidade emerxente no planeta”. Os xeitos de chegar a un mundo mellor pasan por ideais como os de “comunicarse moito mellor, informarse con independencia, procurar a xustiza social, fortalecer a identidade e a cohesión solidaria, promover boas prácticas no agro e o coidado da natureza e mais do espírito”, entre moitas outras premisas. O Foro pretendeu fomentar novos proxectos para a bisbarra. As propostas concretas compartidas na asemblea celebrada o 28 de novembro poden ser coñecidas achegándose ás asembleas semanais dos luns ás 19:00 ou contactar co movemento en acampadamonforte@gmail.com, forosocialdemonforte@blogspot.com ou bankomun.blogspot.com

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pequenas obras enfocadas á mellora urbanística e ao turismo en Pantón

Seguinte Nova

Usuarios e traballadores da axuda a domicilio celebran o primeiro aniversario en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss