O Hotel Balneario, no programa ‘Saúde e Benestar no Camiño’ impulsado pola Deputación de Lugo

A Deputación de Lugo abriu o prazo de solicitude das 385 prazas subvencionadas nos balnearios de Guitiriz, Pantón e Palas de Rei para o mes de decembro. Son as derradeiras localidades que ofrece a institución ós lucenses maiores de 50 anos mediante “Saúde e Benestar no Camiño”, o programa que facilita o acceso ós tratamentos termais existentes en Lugo, como unha alternativa de saúde que mellore a calidade de vida, potenciando ademais o turismo interior. Todos os interesados poder solicitar unha localidade chamando ó teléfono 982 260075.

A Deputación pon fin en decembro a esta iniciativa coa que contribúe a reactivar a economía e a fixar poboación, ademais de reivindicar que “hai vida máis alá do Ano Santo”. O motivo de estar incluído o Oca Augas Santa Balneario Golf Resort é a situación da zona sur de Lugo e en concreto Pantón, nunha das rutas xacobeas que atravesan a provincia.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

LugoPatrimonio impulsa unha xornada de cultura e gastronomía en Castillón

Seguinte Nova

Pequenas obras enfocadas á mellora urbanística e ao turismo en Pantón

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss