A apertura do Museo Xeolóxico de Quiroga será un acto sinxelo ao que están convidados todos os veciños, e que terá lugar este 2 de decembro ás 12.30 horas. Estarán presentes unicamente as autoridades locais, membros do Grupo de Desenvolvemento Rural Ribeira Sacra e integrantes das universidades de Santiago e Coruña, colaboradoras do proxecto e dos contidos deste centro. Tal e como indica o rexedor local, Julio Álvarez, trátase do primeiro museo destas características de todo o nordés español. Para Álvarez, nace a raíz da posta en marcha do Museo Etnográfico, “xa que Quiroga necesitaba tamén ter representada dalgunha maneira a importancia do seu medio natural, con elementos xeolóxicos definitivos para que o mundo sexa tal como é na súa fisioloxía actual”, apuntou. O pregamento de Campodola, os glaciares de A Seara, as canteiras e as explotacións auríferas son elementos de gran riqueza xeolóxica e unha grande oportunidade turística para este municipio. No museo tamén se poden atopar fósiles e réplicas de elementos arqueolóxicos atopados na zona, reproduccións de todos os mamíferos que habitaron nesta área. O Museo, que contou cun investimento de arredor de 150.000 euros incluíndo o prezo do solar e as obras feitas pola administración, tivo unha axuda do GDR que ascende a 24.000 euros. O centro está chamado a ser a porta de entrada á ruta xeolóxica que albergan as terras da comarca quiroguesa.
Últimas noticias sobre CULTURA
O Alcalde, José Tomé Roca, anima a que participen tanto os monfortinos como as persoas que
O Espazo +60 Afundación de Monforte acolle a exposición fotográfica Out of wonderland de Carlos e
Durante a tempada estival, estase a desenvolver unha nova edición da Campaña de Verán da Xunta
A primeira tenente de alcalde de Monforte, Gloria Mª Prada Rodríguez, acompañada pola vicepresidenta da Fundación
Ademais das actividades programadas na semana de festas, do 11 ao 16 de agosto, o Concello