O Pleno de Sober acorda crear un grupo de Protección Civil

O BNG pediulle ao goberno local que se adecente o contorno dos petroglifos do Xestal e unha limpeza a fondo da Casa da Cultura

O Pleno municipal de Sober celebrou nos pasados días unha sesión ordinaria como cada dous meses, acordando por unanimidade aprobar o regulamento da agrupación de voluntariado de protección civil a través dunha proposta da alcaldía. ICIO Por outra banda, tamén foi aprobada por unanimidade a ordenanza fiscal reguladora do imposto de construcción, instalacións e obras (ICIO).Esta ordenanza quedara sobre a mesa na anterior sesión plenaria para incorporar diversas bonificacións; neste caso, inclúense un 95% a favor das construccións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorrer circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento de emprego que xustifiquen tal declaración; outra bonificación do 50% a favor de construcccións, instalacións ou obras referentes a vivendas de protección oficial; e un 90% a favor de construccións, instalacións ou obras que favorezan as condicions de acceso e habitabilidade dos discapacidados.

Contra a violencia

O pleno acordou, por outra parte, e na xornada de víspera do Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero, e tamén por unanimidade, un manifesto de repulsa contra os maltratadores e instar aos gobernos central e autonómico a desenvolver os dereitos previstos na Lei orgánica 1/2004 de 28 de decembro e Lei de Galicia 11/2007 do 27 de Xullo. O BNG pide que se inste á Xunta a restituír as axudas aos concellos para o servizo a domicilio No pleno ordinario da corporación municipal de Sober do 24 de novembro de 2011, o BNG pediu que se inste á Xunta a restituír os créditos eliminados aos concellos para o financiamento do Plan Concertado. Paralelamente, tamén chegou ao Concello de Sober a polémica sobre a asistencia sanitaria a persoas sen recursos a través dos nacionalistas. O BNG pide que o Concello inste á Xunta de Galicia a que se retire a orde que regula o dereito de acceso á asistencia sanitaria ás persoas sen recursos e desempregadas, publicada no DOG o 9 de setembro, e que “se restitúan os dereitos das persoas que foron prexudicadas, reactivando as tarxetas que foron anuladas”, apuntan.

Outros rogos do BNG

Ademais, os grupo nacionalista pediu que se adecente o contorno dos petróglifos do Xestal, que se reparen as madeiras retortas da oficina de turismo e se acometa unha limpeza profesional a fondo da Casa da Cultura. Noutro punto, pedíronlle ao goberno local que axude á Asociación Veciñal de Neiras a determinar cal é a titularidade do local social de dita parroquia, para que esta asociación poida pedir unha axuda para arranxar as instalacións, que teñen humidades que están a estragar as paredes.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O viño de Amandi, en barrica de carballo galego

Seguinte Nova

Os pintores soberinos Jacqueline Pérez e Modesto Trigo manteñen exposicións en Sober e Ourense

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

A %d blogueros les gusta esto: