Un grupo da Escola Politécnica Superior de Lugo dirixido polos profesores Ignacío Díaz- Maroto e Pablo Díaz, segue a traballar na investigación do envellecemento do mencía en barrica de carballo galego en colaboración coa adega Algueira de Sober. Os investigadores da USC acometen este traballo dende o ano 2009, tamén nunha adega da D.O. Valdeorras. Despois de realizar a primeira cata do caldo da Ribeira Sacra o pasado verán en Monforte, agardan agora catar as añadas de 2099 e 2010 despois dun tempo embotelladas en vidro, agardando refrendar os óptimos resultados acadados nas primeiras análises, positivas para o comportamento do mencía madurado en barricas de castaño galego e lixeiramente tostado.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
• Agromuralla e UCGAL monitorizarán os prezos do leite desde as granxas ate os puntos de
•O programa a nivel de edificio prevé subvencións de ata 30.800 € para mellorar a eficiencia
• A través do programa, virtual e gratuíto , ofreceranse aos interesados retos diarios de 15
• Lorenzo López, empresario dunha cadea hoteleira en Canarias, con raíces en Pantón, está rehabilitando o
• Nun espectacular concerto en catamarán, no que se estreou “ Meu Camiño”, fusionando a música