Este 29 de novembro unha excursión a Ourense composta por veciños de Sober visitou a a exposición que o artista soberino afincado en Madrid, Modesto Trigo, ten no Centro Cultural da Deputación de Ourense. Esta é a primeira exposición en Galicia do recoñecido artista nacido en Gundivós. Os soberinos aproveitaron para visitar a catedral de Ourense e as fontes das Burgas, entre outros elementos da capital ourensá.
EXPOSICION DE JACQUELINE PEREZ
E para os que queren ver arte sen saír da vila, no Centro de Recepción de Visitantes de Sober está aberta ao público unha exposición de pintura sobre diferentes materiais da artista soberina Jacqueline Perez. A exposición foi inaugurada polo alcalde de Sober Luis Fernández Guitián o pasado 28 de novembro, e permanecerá aberta deica ata o 9 de xaneiro, ao remate do Nadal.