Cinensino, o Programa de Educación en Valores para a prevención do consumo de alcohol e outros trastornos adictivos e comportamentais dirixido a alumnos de 1º e 2º da ESO, levou a cabo a súa primeira actividade da tempada en Sarria. Trátase da proxección de tres películas, unha cada trimestre, e o posterior traballo na aula. Trátase dun programa voluntario, polo que depende da sensibilidade docente, e é a quinta vez que se realiza en Sarria. Nel participan 225 alumnos e 10 docentes, correspondentes o IES Xograr Afonso Gómez, o CPR La Asunción e o CPR La Merced. O Cinensino está organziado polo Servizo Municipal de Drogodependencias do Concello de Sarria en colaboración ca Asociación Bordón Sarriao. Despois dunha primeira proxección o pasado 17 de novembro, a vindeira será Diario de Greg 2. La ley de Rodrick” o vindeiro 1 de febreiro e este filme traballará a actitude crítica fronte a publicidade.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
Representantes da Asociación de Veciños de Parteme, aldea da parroquia de Nocedo, mantiveron un encontro coa
Gonzalo L. Torres. Moito falamos do Feismo urbanístico en Galicia, e seguro que moitos de nós
O pasado 19 de xullo, os representantes da Asociación Veciñal do Saviñao entregaron no Concello un
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa