A rede de saneamento de Monforte sufriu nos pasados días un atasco na zona próxima á depuradora situada en Piñeiro. Dende o Concello informaron que o atoamento localizouse no tramo final do colector da marxe dereita do río, xa na parroquia de Piñeira, nun tubo de case un metro de diámetro, polo cal foi necesaria a intervención de maquinaria especial. Os operarios da empresa concesionaria, Aqualia, extraeron do tubo trapos, madeiras, sacos -algún deles cheo de area-, ou virutas metálicas. Todos estes materiais que non deberían ter rematado na rede de saneamento, apuntou o concelleiro de servizos, José Luis Rivera, quen apelou ao sentido cívico e responsable da cidadanía na utilización dos diferentes servizos, lembrando que un uso inadecuado dos mesmos, como neste caso, pode ter consecuencias moi graves para o seu correcto funcionamento.
Últimas noticias sobre PORTADA
• A Deputación organiza en maio 16 rutas gratuítas polo patrimonio románico da provincia con 400
• Na xuntanza de Quiroga, na que se reuniron os alcaldes ou representantes de Quiroga, Ribas
• Numeroso público achegouse á contorna do cuartel da Garda Civil de Sarria para saudar ao
• A licitación do proxecto sae cun coste de 163.398,41 euros, o prazo de presentación de
Volvía a Feira Medieval a Monforte dous anos despois. As expectativas eran boas, as previsións meteorolóxicas