A rede de saneamento de Monforte sufriu nos pasados días un atasco na zona próxima á depuradora situada en Piñeiro. Dende o Concello informaron que o atoamento localizouse no tramo final do colector da marxe dereita do río, xa na parroquia de Piñeira, nun tubo de case un metro de diámetro, polo cal foi necesaria a intervención de maquinaria especial. Os operarios da empresa concesionaria, Aqualia, extraeron do tubo trapos, madeiras, sacos -algún deles cheo de area-, ou virutas metálicas. Todos estes materiais que non deberían ter rematado na rede de saneamento, apuntou o concelleiro de servizos, José Luis Rivera, quen apelou ao sentido cívico e responsable da cidadanía na utilización dos diferentes servizos, lembrando que un uso inadecuado dos mesmos, como neste caso, pode ter consecuencias moi graves para o seu correcto funcionamento.
Últimas noticias sobre PORTADA
O Consello do Patrimonio Histórico Español decidiu, por unanimidade, que o Paisaxe Cultural da Ribeira Sacra
A Xunta destina 155 millóns de euros para o Bono Coidado no Fogar e o complemento
A ONG SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) continúa coa súa labor de difusión do programa
Un ano máis, a multitude de actividades programadas, que con pequenos axustes pola ameaza de choiva