Un futuro para os usuarios do Infanta Elena

A demanda dun centro para minusválidos psíquicos chega ao Parlamento

A deputada do BNG, a monfortina Isabel Sánchez, rexistrará unha proposición non de lei para que Monforte conte cun centro para diminuídos psíquicos. A demanda dos pais e nais do colexio Infanta Elena de Monforte chega así ao Parlamento galego, dando voz a unha necesidade que veñen manifestando dende hai tempo.

Pais, titores e usuarios do colexio Infanta Elena concentráronse diante do Concello en prol dun centro que acolla a maiores de 21 anos EC

Demanda de atención continuada

Os afectados e afectadas de minusvalías psíquicas reciben atención e educación neste centro ata cumprir os 21 anos, momento no que os pais e nais deben asumir o seu desenvolvemento cotiá. Nos últimos días, usuarios e titores veñen poñendo voz a esta demanda con diversas peticións e cunha concentración diante da Casa Consistorial de Monforte. Dende o BNG, consideran que debe ser obriga dos poderes públicos garantir unha atención de calidade para as persoas máis necesitadas, como ocorre con estes rapaces e rapazas que quedan desprotexidos ao cumprir os 21 anos. A deputada nacionalista lembra que “estas persoas necesitan atención profesional” durante toda a súa vida, e ao cumprir 21 anos só se pode garantir nun centro de atención especializado. Asimesmo, Isabel Sánchez reclamará no Parlamento galego o apoio das outras forzas políticas co fin de aprobar unha proposta destinada a resolver a delicada situación das familias de afectados por minusvalías psíquicas, que na actualidade non contan co acceso a un centro tras cumprir os 21 anos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Uns 400 pacientes desviados do ambulatorio de Escairón

Seguinte Nova

Micoloxía e gastronomía, protagonistas da axenda social na Ribeira Sacra e en Sarria

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: