O Grupo Municipal do PSdG-PSOE de O Saviñao non está conforme coa solución que “o Sergas e Concello acabaron dando á supresión dun médico do Centro de Saúde de Escairón”. Os socialistas explicaron que no último Pleno do venres pasado, ante unha pregunta arredor das xestións realizadas e das expectativas sobre a reposición do médico suprimido no ambulatorio de Escairón, “encontrámonos coa información transmitida polo equipo de goberno sobre os movementos realizados por distintos interesados no tema (Alcaldía e Sergas)”, apuntaron. Traslado de cartillas sanitarias a outros centros, e mantemento do consultorio de Currelos O Sergas “para acabar coas protestas pola supresión do médico e a posible saturación do servicio, máis acalar as queixas preventivas da farmacia de Currelos, tomou a determinación de alixeirar as cartillas de pacientes do Centro de Saúde de Escairón trasladando sobre unhas 100 cartillas de pacientes da zona de Tuiriz que acudían ao médico a Escairón ao ambulatorio de Ferreira e derivando case outras 300 cartillas de escairón ao médico de Currelos. Molestias por desprazamentos e prexuízo socioeconómico Desta maneira, perto de 400 cartillas de pacientes que acudían ao médico a Escairón, deixarían de facelo e irían a outros lugares, “coas implicacións que esto provoca a nivel socioeconómico, sobre todo privándolles a pacientes da zona de Tuiriz da asistencia ao médico a Escairón, que o teñen ao lado e lles evitaba o longo desplazamento sin servizo público de transporte a Ferreira”, recalca o voceiro municipal socialista, José Antonio Quiroga. Para os socialistas do Saviñao, trátase dunha maneira de “ir poñendo parches”, xa que consideran que segue habendo pacientes perxudicados pola que consideran unha “estratexia de dispersión” que din” ven a consagrar a táctica de divide e vencerás”.
Últimas noticias sobre PORTADA
Non se pode dicir que Monforte sexa unha cidade na que historicamente se dedicou atención ao
Renfe iniciou a formación dalgúns dos profesionais que se integrarán no persoal do novo Centro de
O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, foi o encargado de presentar no hórreo romano de
• Foi o alcalde José Tomé Roca quen fixo a presentación dunha edición, que de non
«Que vivan os viños de Chantada! Que viva a Ribeira Sacra!» Antonio López Díaz, reitor da