Xuventudes Musicais de Sober ten programado para o sábado 3 de decembro ás 19.00 horas un concerto de clave no Patio de Cristal do Hotel Palacio de Sober, a cargo de Sara Johnson. Inicialmente, estaba previsto un cuarteto de flautas, a celebrar na bodega Rectoral de Amandi, pero o cambio na programación fixo que os organizadores decidisen o cambio de escenario, estimando moito máis adecuado para este programa o Patio de Cristal do Hotel Palacio de Sober. Esta actuación enmárcase dentro da programación Música no outnono 2011.
PERFIL DA INTÉRPRETE INVITADA
Sara Johnson é unha intérprete de clave (León, 1992), que realiza estudos deste instrumento no Conservatorio Profesional José Castro Ovejero de León, con Delia Manzano. Gradúase coas máis altas calificacións en todas as asignaturas. Actualmente é alumna de Silvia Márquez no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Johnson realizou cursos de perfeccionamento con Pierre Hantaï (Montisi -Italia, 2010) e con Ilton Wyuniski (Vinça –Francia 2006, Aveiro –Portugal 2005, “Académie Musicale de Villecroze” 2011). Foi galardoada con diversos premios, entre os que destacan o Premio Extraordinario de Música de Castilla-León de 2010 e a Mención Especial no Concurso Permanente de Juventudes Musicales de España (octubre 2010). En 2009 obtuvo o 1º Premio no VIII Certamen Intercentros Melómano de Castilla-León e Mención de Honra na Fase Nacional de dito certame. Foi preseleccionada para o “Torneo Internazionale di Musica”, que terá lugar en xunio de 2012.
XUVENTUDES MUSICAIS DE SOBER
Dentro das pezas que interpreta este sábado están varias de Johann Sebastián Bach, Jacques Duphly. Xuventudes Musicais de Sober, é unha asociación cultural que se adica principalmente á promocion da música entre a xente nova. Organiza concertos abertos a todo o público con regularidade, a maioría deles en Sober, e outras actividades musicais e culturais.