O vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, o delegado de Cultura e Turismo, Mario Outeiro, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística valoraron que a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resultara premiada nos V Premios Solidarios ONCE en Galiza. A ONCE valorou o traballo global de accesibilidade levado a cabo na Rede Museística Provincial de Lugo na categoría de Accesibilidade Universal, destacando o programa institucional inclusivo “Pelexar polo posible, loitar polo invisible”, que se desenvolve como unha acción global desde 2008 na Rede Museística Provincial (Museo de Lugo, Museo do Mar en San Cibrao, Museo de Tor en Monforte e a Fortaleza San Paio de Narla en Friol.
Últimas noticias sobre CULTURA
• Maite Ferreiro destacou o contacto directo e continuo con concellos e asociacións para desenvolver unha
O Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa – PACC vén de facer pública a lista dos que
En Lourenzá tivo lugar o acto de apertura das celebracións das Letras Galegas 2023 dedicadas este
Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo
O Consello de Cultura Galega organizou a pasada semana no Colexio da Nosa Señora da Antiga