Novo alumeado na estrada de Rubián a Lugo

Estes días os conductores e viandantes que pasen pola estrada Comarcal 546 que comunica Bóveda con Lugo poderán percibir a renovación da instalación de alueado público exterior. As obras, que están en marcha estes días son posibles grazas a unha axuda que o INEGA concedeu ao Concello e Bóveda. O importe total das actuacións ascende aos 66.000 euros, dos que o Instituto achega o 70%, o 30% restante corresponde á entidade municipal. O alumeado estase a cambiar nunha das marxes da estrada no tramo Rubián San Fiz.

 As lámpadas de mercurio están a ser substituídas por halugenuros metálicos co que, segundo explicou o rexedor local, se gaña en luminosidade e afórrase en consumo e gastos de mantemento. Son un total de 37 luminarias na zona de San Fiz, pero estas obras tamén implican a canalización subterránea de servizos que xa non quedarán á vista ao longo de un quilómetro e medio. Trátase, informaron dende o goberno local, dun sistema moito máis moderno tanto na estética coma no seui funcionamento, destinado a reducir o consumo e doado de manexar mediante un sistema informático que , por exemplo, pode detectar automáticamente as avarías. Nesta semana está previsto o remate das actuacións coa instalación da totalidade dos novos equipos e lámpadas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Volve a maxia do Nadal a Monforte coas citas culturais

Seguinte Nova

O PP pide que se limpen os regatos para evitar anegacións en Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss