Varios motoclubes de Off Road de toda a provincia de Lugo reuníronse a principios de mes en Brollón co fin de analizar e tomar medidas de cara ás repercusións que a aprobación da nova Lei de Montes que está a tramitar a Consellería de Medio Rural pode ter nestes colectivos, e en xeral para calquera persoa ou colectivo que trate de acceder aos nosos montes para e disfrutar do contacto coa natureza, segundo explicaron dende Guímaro Motor, de Brollón. Para os mesmos desta agrupación que realiza, entre outras cousas, actividades de quad e moto de montaña, o motivo de preocupación sería unha alegación aceptada en principo e relativa ao artigo 88 do borrador, “servicios do monte” e recollida no “Informe sobre as alegacións ao borrador do Anteproxecto de Lei de Montes de Galicia.
A alegación aceptada e contra a que se amosan posicionados estes colectivos fundamentaríase na frase “unha das actividades que está mais en auxe e que provoca mais danos ao medio natural e a moitas propiedades privadas e públicas, así como ás infraestructuras do monte e incluso á seguridade das persoas que transitan polo mesmo, son as prácticas deportivas con vehículos a motor non organizadas, e especialmente as relacionadas con todoterreos, as motos de enduro e os quads” e acabaría propoñendo, segundo Guimaro Motor, que se prohiba acceder ao monte con vehículos a motor se o motivo é lúdico ou de ocio. Para estes colectivos an anterior “e unha afirmación falsa e incluso inxuriosa e atenta contra a dignidade de todos os que somos usuarios deste tipo de vehículos e amamos o monte e a natureza”, indicaron no seu comunicado de prensa. Para eles, en todas partes existen persoas con comportamentos “indeexables”, pero sosteñen que “ a inmensa maioría dos usuarios destes vehículos “ amamos e respecta,os a natureza e realizamos actividades para a súa conservación e recuperación e tamñen encamiñadas ao uso de camiños que se estarían a perder precisamente por non ser utilizados para outras tarefas. Por outra parte, Guímaro motor fai referencia á importancia das actividades que realizan estes colectivos tamñen no que se refire ao efecto sobre o tecido económico do turismo rural.
RECLAMAN UNHA REUNIÓN PARA EVITAR QUE VAIA ADIANTE A ALEGACIÓN
Nesta liña, o colectivo alerta de que “se finalmente o art. 88 da futura Lei de Montes se redacta segundo o proposto na alegación indicada, non só os afeccionados ós deportes de motor veremos imposibilitado o acceso ó monte, tampouco se poderá acceder se o fin é ir pasear cos nenos, ou facer fotos, ou recoller cogomelos, ou facer unha churrascada en calquera das moitas areas recreativas construidas a tal efecto”, indicaron. Estes colectivos de usuarios de vehículos todoterreo posiciónanse a favor dun regulamento para o uso do monte, “pero a modificación proposta na mencionada alegación non é unha regulación, simplemente imposibilita o disfrute do monte a un colectivo que loita pola sua conservación”. Por isto os clubes de toda a provincia reunidos na Pobra solicitaron unha reunión coa delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias.