Volve a maxia do Nadal a Monforte coas citas culturais

A Concelleira de Cultura de Monforte, Pilar López, presentaba nos pasados días o conxunto de actividades que este ano se impulsarán dende o Concello. Os máis pequenos serán novamente os privilexiados, e as actividades tradicionais conxúganse con algunhas iniciativas máis novidosas, actuacións musicais, exposicións, maxia e certames de beléns e poesía.

CAMPAMENTO LÚDICO BILINGÜE

O campamento para rapaces conforma unha das novidades, xa que este ano está enfocado ademáis de ao xogo a aprendizaxe do inglés. O campamento, para o que xa rematou o prazo de inscrición, terá lugar do 23 ao 30 de decebro e do 2 ao 5 de xaneiro, deixando libres as datas nas que os rapaces adoitan ter ocupado o seu tempo. Outra das actividades novidosas foi unha charla que achegou aos cidadáns aos perigos e á prevención na utilización de internet e as redes sociais e que se celebrou este 19 de decembro.

PANXOLIÑAS E MÚSICA CLÁSICA

Na programación existe unha destacada presenza da maxia e de actividades musicais como a Mostra de Panxoliñas ou o Concerto de Corais que se celebrarán no Edificio Multiusos. A primeira será este 20 de decembro ás 18:00 horas e correrá a cargo dos alumnos dos centros de ensino de Monforte, chegando xa á súa decimoterceira edición. O concerto de corais será o 23 de decembro coa participación da Coral Polifónica Vilalbesa, a do Concello de Monforte e a Banda de Música do Concello de Monforte, que actuarán ás 20.00 horas. Non faltará o que xa ven sendo un clásico no Nadal monfortino, o concerto da Familia Moriatov, que terá lugar o 26 de decembro ás 20:00 horas na casa da Cultura, impulsado pola Sociedade Filarmónica de Monforte. Xa o día 30, a rondalla Benfeita da Estación ofrecerá no mesmo escenario o seu concerto de Nadal.

MAXIA E REIS MAGOS

Pero os máis pícaros tamén terán os seus espectáculos específicos, destaca o que o sexto Circuito Galego de Maxia achegará á cidade do Cabe o día 3 de xaneiro a partir das 18.00 horas no Multiusos. Tamén os Reis Magos chegarán novamente o día 5 de xaneiro para repartir ledicia polas rúas, faráno coma sempre en tren e dende a estación de ferrocarril abrirán o seu percorrido. A responsable da área de Cultura anunciou que está aberto o prazo de inscrición para participar como paxes para acompañar ás Súas Maxestades de Oriente. Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de primaria e de 1º de ESO que queiran participar deben anotarse na Oficina Municipal de Cultura, situada na Casa do Concello, entre as 9:00 e as 14:00 horas. Xa o día 6, os Reis visitarán , coma sempre, os distintos locais sociais de Monforte e as súas parroquias, pola mañá terá lugar a Misa de Reis no Fogar San Xosé, cantada pola Coral Polifónica do Concello.

EXPOSICIÓNS DE FOTOGRAFÍA E TRABALLOS DE NADAL

Deica o 23 de decembro permanecerá expostos na Casa da Cultura os taballos seleccionados no Concurso de Tarxetas de nadal impulsado polo Concello AMAFER, ADIF, RENFE e no que participaron os alumnos dos colexios do municipio. Esta dará paso a outra exposición fotográfica a partir do 26 de decembro e que se basea nos traballos dos aprendices de fotografía do Curso Outono Fotográfico impartido por Jesús R. Montero. Paralelamente, no edificio Multiusos estará dende o 24 de decembro a exposición permanente sobre o Conde de Lemos Pedro Fernández de Castro, haberá tamén unha proxeccion dun video sobre a súa vida e obra.

OUTRAS ACTIVIDADES

O Concurso de Beléns entre centros de Ensino e o Certame de Poesía Infantil organizado dende a Biblioteca Municipal son outros dos quefaceres que non faltan tampouco este ano cando se achegan estas datas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte estrea unha web máis interactiva enfocada ao futuro

Seguinte Nova

Novo alumeado na estrada de Rubián a Lugo

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss