A plataforma sanitaria estuda accións contra os posibles cobros por servizos complemetarios á sanidade

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Comarca de Lemos está en conversas con outras Plataformas de Galicia para decidir accións “ante as últimas noticias en prensa e televisión do Presidente da Xunta de Galicia encamiñadas a cobrar polos servizos complementarios á sanidade, tales como a comida, lavandería, sofás ou camas dos acompañantes, e pagamentos adiantados en material ortoprotésico e demais lindezas que polo que se ve comezan a saír á luz”, medidas que a Plataforma considera máis atribuíbles a un “estado de beneficencia”. Por outra banda, PLADESAPU está a espera da contestación a un escrito presentado ante a dirección do Hospital Comarcal con respecto a “unha nova gran tecnoloxía” coa que estaría a ser dotado o centro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A alegación ao estudo informativo da Alta Velocidade contemplará a posibilidade de ampliar a área urbana na zona da Estación

Seguinte Nova

En prazo a nova potabilizadora de Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: