A Xunta aproba o novo decreto que rexirá a actividade vitivinícola

O novo marco legal prantexado pola Consellaría de Medio Rural e aprobado nos pasdos días polo Consello da Xunta permitirá incrementar a produción e a calidade do viño de Galicia, segundo opinan dende o goberno autonómico. Para Núñez Feijóo este decreto “aporta seguridade xurídica, reduce as cargas administrativas e aposta por detectar parcelas que están infrautilizadas para poñelas en valor”. A normativa refunde nun único documento legal a multiplicidade de normas que ata o de agora regulaban o sector. Outro dos aspectos que salientan dende a Xunta é a simplificación dos trámites administrativos xa que os viticultores poderán realizar calquera trámite relacionado co sector (tanto para relacionarse coa Administración como coas denominacións de orixe) vía telemática a través da Oficina Agraria Virtual (OAV).

Zonas especiais como Ribeira Sacra e dereitos de plantación

Feijóo asegurou que esta normativa permitirá revitalizar a produción vitivinícola a través da creación da reserva autonómica de dereitos de plantación de viñedo. Actualmente hai un sistema de dereitos de plantación similar á das cotas lácteas, pero existe un amplo número de dereitos –máis de 1.000 hectáreas- que non están sendo utilizados. Os plans de Medio Rural pasan por elaborar unha “revisión pormenorizada” dos dereitos que están sen uso e crear unha bolsa para a súa distribución entre os viticultores que o soliciten. Por outra banda, nese protocolo de reparto priorizaranse determinados colectivos e tradicións. Segundo avanzou o presidente da Xunta, entre ditos colectivos prioritarios atoparanse os xóvenes agricultores e os agricultores profesionais, mentres que as zonas de especial protección serán “a viticultura de montaña e a de forte pendente”, unha medida que podería beneficiar á D.O. Ribeira Sacra polas súas singulares características.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón acolleu a entrega de premios da XIX edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta

Seguinte Nova

4, 8 millóns para o consorcio de bombeiros e integración do parque monfortino

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss