Actividade diaria para os nenos durante as vacacións de Nadal en Chantada

Actividade diaria e principalmente dirixida aos máis pequenos será a oferta que a concellería de Cultura chantadina, dirixida por Manuel Diéguez, ten pensada para este Nadal.

CONCURSOS E EXPOSICIÓNS

Ademáis dos habituais concursos de poesía e tarxetas navideñas impulsados pola Casa da Cultura, estes días o mesmo escenario alberga unha interesante mostra fotográfica da ONG InterVida baixo o título “Miradas al Sur” que estará aberta ata o 31 de decembro. Pero non será a única, xa que dende o 22 de decembro, a biblioteca municipal de Chantada contará cunha exposición bibliográfica de todas obras publicadas por Alvaro Cunqueiro no que é o ano do seu centenario. O mesmo día terá lugar a inauguración da exposición de bonecas artesanais de Josefina Mazaira.

CONTOS E PROXECIÓNS DURANTE TODA A SEMANA

A Casa da Cultura chantadina tamén ocupará as xornadas dos nenos durante os días da semana dende o 26 de decembro a través do contacontos, que será sempre ás 12.00 horas, e a proxección de filmes infantís e de animación sempre ás 17.00 horas. O 26 de decembro terá lugar a proxección de “Madagascar”, o 27 será o turno de “Kung Fu Panda 2”, o 28 serán “Os Pitufos” os que animen a hora dos filmes e o 29 terá lugar a proxección de “Antz”, mentres que o día 30, a semana pecharase con “Wallace e Gromit e a Maldición das Verduras”. Xa o luns 2 de xaneiro, a semana comezará de novo coa hora do conto pola mañá, e pola tarde os nenos poderán ver “Phineas e Ferb. A Película”, o martes o esquema será o mesmo con filme “Río”, e o mércores desfrutarán co filme “El Espantatiburones”.

CHEGADA DOS REIS MAGOS E ACTUACIÓN DA BANDA DE CHANTADA

O día da chegada das Súas Maxestades tamén se celebrará a hora do conto a media mañá, para pasar ás 13.00 horas a facer entrega dos premios do concurso de tarxetas postais e poesía de Nadal. Os Reis chegarán a Chantada a partir das 17:30 horas. A súa cabalgata comezará na Avenida de Lugo, á latura da Residencia da Terceira idade e pasará pola praza de Santa Ana, a Avenida de Ourense, catro camiños, rúa Mariano Cedrón, Avenida de Monforte e Xoán XXIII, para rematar na Casa da Cultura, onde os Reis Magos farán a recpción oficial a todos os rapaces. Os que desexen ir disfrazados de paxes para acompañar aos Reis, teñen que inscribirse na Casa da Cultura. Aínda que dispoñan de traxes en propiedade, os rapaces que queiran participar teñen que inscribirse igualmente. Xa o día 6, o Festival de Reis a cargo da Banda de Música de Chantada terá lugar no salón de actos da Residencia Geriatros.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

4, 8 millóns para o consorcio de bombeiros e integración do parque monfortino

Seguinte Nova

Intenso Nadal para os nenos en O Saviñao

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: