Belén vivo e musical en Ribas do Sil

Si algo caracteriza ao Nadal en Ribas do Sil este é o belén vivinte que os máis novos do municipio protagonizarán novamente o día 5 de xaneiro. Pero este ano haberá unha gran novidade, e é que os alumnos da escola de música municipal interpretarán un acompañamento musical durante toda a celebración. Os rapaces interpretarán pezas individualmente para tocar todos xuntos no momento principla coa chegada dos Reis Magos. O belén incorpora a música e esta estará centrada fundamentalmente nas panxoliñas. Pero durante todo o Nadal continúan en marcha unha chea de actividades habituais xa durante o curso escolar, as denominadas “actividades fóra do horario lectivo” nas que participan a totalidade dos alumnos do CEIP de San Clodio, o que implica xa unha gran acollida. Nalgunhas destas iniciativas impulsadas pola Oficina de Información Xuvenil do Concello de Ribas do Sil tamén participan adultos e maiores, e outras están pensadas especificamente para eles, segundo relata a educadora familiar Rosa Quiñones.

OBRADOIROS DE NADAL

Dentro dos talleres de manualidades, nestas datas e nas últimas semanas tiveron un éxito especial as relacionadas coa decoración de Nadal. Fóra tamén das iniciativas habituais, no mes de xaneiro impartirase un obradoiro informático sobre contidos educativos na rede. A actividade desenvolverase en 2 horas, o sábado 28 de xaneiro. Os pais, nais e titores legais terán a posibilidade de navegar en internet para aprender a buscar os contidos educativos, para entrar neles e para ver os perigos que hai coas redes sociais por exemplo.

INICIATIVAS EN MARCHA: A IMPORTANCIA DA LECTURA, DO INGLES, DO EXERCICIO FÍSICO E DA INFORMÁTICA

Unha das actividades máis destacadas que se están a levar a cabo durante o curso escolar e o obradorio de Lectura, que consiste en que en cada sesión, o profesor lea un conto para logo facer unha serie de preguntas co fin de avaliar o nivel de comprensión e de atención dos participantes. Logo da lectura, os nenos poden opinar sobre o tema tratado. Na última media hora de cada sesión, os nenos poden escoller un libro para levar a casa, fomentando deste xeito o hábito pola lectura. Conscientes da importancia da aprendizaxe de linguas extranxeiras nos máis novos, sobre todo no que se refire ao ingles, preténdese aproximar aos alumnos á lingua inglesa de maneira lúdica e motivadora, mediante xogos, cancións e contidos audiovisuais dous días á semana. Por outra parte está o teatro, considerado como “un medio ideal para comunicarse sexa de forma verbal como de forma non verbal”, segundo explica a educadora familiar. Os Xogos psicomotrices son outras das citas dos rapaces os venres pola tarde, nunha das actividades encamiñadas a ter enconta o desenvolvemento físico e tamé outros factores como a socialización. A informática e a ximnasia tanto para adultos como para os nenos e mozos non falta na oferta de actividades de San Clodio encamiñadas á formación e ao ocio dos veciños segundo a súa demanda.

INNOVADORAS ACTIVIDADES

De cara ao vindeiro ano está prevista a realización de novas iniciativas que seguen esta filosofía e que procuran a motivación como é un obradoiro de fotografía matemática, outro de técnicas de estudo que comezará en febreiro, así coma un obradoiro de prensa e outro de mediación para a resolución de conflictos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O comercio de Sarria premia aos que decidan facer na vila as súas compras de Nadal

Seguinte Nova

Declarado Monumento Natural o Pregamento de Campodola-Leixazós en Quiroga

Últimas noticias sobre CULTURA

     
A %d blogueros les gusta esto: