Bóveda incorpórase ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Bóveda beneficiarase das políticas turísticas que cheguen aos municipios do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra. A integración deste concello na enntidade que agrupa a 20 municpios das ribeiras ourensás e luguesas significa a incorporación do único municipio da Terra de Lemos que quedaba fóra do concepto máis oficial do territorio Ribeira Sacra no ámbito turístico. A proposta do Concello de Bóveda foi aprobada por unanimidade no Pleno do Consorcio, un feito que o alcalde de Bóveda, o popular José Manuel Arias, quere agradecer “ a todos os representantes municipais que integran o ente turístico”. Arias considera que este paso “ é moi importante para Bóveda para desenvolver plenamenteas súas posibilidades turísticas e de ocio” . A Ribeira Sacra vén de incluírse entre os 14 xeodestinos turísticos declarados nos pasados días pola Xunta de Galicia a través dun mapa deseñado para extraer todo o potencial do destino Galicia, a través dunha oferta diversificada, que permita incrementar a estancia media dos visitantes baixo o lema de que “ cada parte conta para o todo”. E a parte Ribeira Sacra da que agora tamén é Bóveda oficialmente non podía separar a este municipio do destino Ribeira Sacra, sostén o rexedor local.

Aínda que carente de ribeiras e de produción vitivinícola protexida, Bóveda pretende, segundo o goberno local, en canto á súa proximidade e en relación ao potencial de turismo rural similar ao doutros concellos da Ribeira Sacra, “non quedar fóra das oportunidades ao tempo que axudar a diversificar aínda máis a ampla oferta dun pequeno destino que está tirando cada vez máis pola súa variedade de atractivos”, considerou o mandatario municipal Do mesmo xeito que Bóveda conforma unha parte fundamental doutros grupos redefinidos recentemente como é o GDR Ribeira Sacra, “ non sería lóxico que quedara fóra noutros aspectos como é o turístico”, sentenzou Arias.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo o territorio municipal de Sober, declarado Área de Rehabilitación Integral

Seguinte Nova

Éxito da Feira Agroecolóxica «Bocados» en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss