Éxito da Feira Agroecolóxica «Bocados» en Monforte

A Feira Agroecolóxica Bocados pechou cunha altísima valoración por parte do público e dos expositores que nela participaron, os pasados días 9 e 10 de decembro, e que reuniu no Centro do Viño da Ribeira Sacra a 10 produtores ecolóxicos de viño, conservas vexetais, aceite, doces, pan, chocolates, cogomelos, plantas medicinais, marmeladas, café e queixo. A pesares de que na primeira xornada non se amosaron tan optimistas pola menor afluenza de público, os expositores fixeron finalmente unha valoración moi positiva, fundamentalmente no que se refire á organización do evento, segundo indicaron dende o goberno local monfortino. A feira, celebrada no Centro do Viño, albergou, entre outras, a exposición e venda dos dous viños ecolóxicos producidos na Ribeira Sacra baixo o selo do Consello Regulador, o máis antigo, Diego de Lemos, de Esther Teijeiro Lemos, producido na zona de Pincelo en Chantada; e o Abadía da Cova Ecolóxico, una nova aposta de Adegas Moure, no Saviñao, pola innovación e a busca de novos mercados. A idoneidade do escenario da Feira, o claustro do Centro do Viño, para este tipo de mercados e o contorno dese escenario son un dos factores máis valorados na enquisa realizada polo Concello aos expositores. O volume total de vendas rondou os 5.000 euros, e outro aspecto salientable destacado por algúns participantes foi que a Feira propiciou novos contactos comerciais de cara á venda dos seus produtos.

BOA REPERCUSIÓN PARA O CENTRO DO VIÑO

A tenda do Centro do Viño rexistrou, respecto ó ano pasado, un incremento significativo no volume de vendas durante toda a ponte festiva e, de maneira especial, durante os dous días da Feira, días nos que se facturaron cifras similares ás dunha boa xornada de vendas do mes de agosto, segundo trasladaron fontes municipais. O pasado ano esta ponte deixou un volume de vendas de 2.831 euros, mentres que este ano houbo 5.827 euros de caixa. Ademáis, da cifra total de vendas o 40 % (2.300 €) correspondeu ós días 9 e10 de decembro, datas nas que se celebrou a feira Bocados.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Bóveda incorpórase ao Consorcio de Turismo Ribeira Sacra

Seguinte Nova

O ano de homenaxe a Lois Pereiro remata cun congreso adicado á súa obra

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: