Intensa actividade para os días de Nadal en Sober

Nos pasados días arrancaba en Sober unha variada programación de actuacións e concertos relacionados con estas datas. Nesta semana, as citas continuarán o mércores 21, ás 17:00 horas coa visita á Residencia Virxe do Carme do Club de lectura Pintor de Castinande. O venres 23, ás 11,30 horas na Gardería desenvolverase o Festival de panxoliñas que coincidirá coa visitan de Papá Noel. Xa na seguinte semana, o día mércores 28, ás 20:00 horas no Centro Sociocultural de Sober presentarase o obradoiro de narración a cargo de Teresa Grau; e o venres 30 ás 17,30 h. na Biblioteca Publica Municipal terá lugar a maratón de panxoliñas seguida dunha chocolatada.

CONCURSOS

Entrados xa no novo ano, o xoves 5 de Xaneiro chegarán os Reis Magos ás 10:00 horas á Residencia de maiores, media hora despois pasarán pola gardería e ás 11.30 horas acudirán á Igrexa parroquial de Gundivós para viaxar despois, ás 12:30 ao local social de Arxemil, unha hora despois estarán no de Canaval Tamén se desenvolven concursos de tarxetas de Nadal, poesía infantil, concurso de beléns, e campionatos de dominó e subastado.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O ‘Tapicheo’ xa ten gañadores en Sarria

Seguinte Nova

Os Reis recibirán persoalmente a cada neno en Ferreira

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss