Intenso Nadal para os nenos en O Saviñao

O Nadal comeza en Escairón cun festival e coa entrega de cartas a Papá Noel este mércores 21 de decembro ás 17.30 horas no auditorio municipal. Durante a tarde, os raparigos que o desexen poderán escribir in situ as súas peticións. A tarde será animada cunha representación teatral a cargo dos alumnos da aula de teatro, e tamén con actuacións e panxoliñas dos nenos que participan nas actividades de inverno impulsadas este ano dende o Concello. Cada un dos rapaces poderá fotografiarse con Papá Noel e recoller a foto a partir do 2 de xaneiro na Casa Consistorial. Mentres, seguiranse a desenvolver as actividades de inverno para nenos de luns a venres no edificio da gardería cun custe de 8 euros ao mes, e tamén as da aula de teatro, que preparará novas obras. A solidariedade tamén estivo presente nestas datas co desenvolvemento da ‘Operación quilo 2011’ para a recollida de alimentos para as familias máis desfavorecidas do municipio, ao tempo que se buscou que se merque nos supermercados do municipio.

ESCOLA DE MÚSICA

E para os que desexen afianzar a súa relación con algún instrumento ou empezar a recibir formación musical, no Saviñao ven de abrirse o prazo de inscrición para a escola de música que se pón en marcha este ano e que está destinada á aprendizaxe de instrumentos de banda, para nenos a partir de 5 anos e adultos.

CONCURSOS

51 postais de Nadal foron as presentadas ao concurso de deseño navideño, no que resultou gañadora Paula Vázquez, de 8 anos, que recollerá o seu premio este día 22; o seu debuxo chegará a todos os fogares do Saviñao nas postais de felicitación enviadas polo Concello. Tamén estivo aberto deica o día 20 para os que lle gustan máis as letras en galego, que poderán participar no habitual certame de poesía infantil en varias categorías ata os 16 anos impulsado pola Biblioteca. Os gañadores pasarán á fase provincial do concurso, ademáis de recibir agasallos en forma de libros.

ACTIVIDADES NA BIBLIOTECA, NOVO PREMIO MARÍA MOLINER

No mesmo escenario, a Biblioteca Municipal, desenvolveranse tamén durante estes días os talleres de Nadal destinados a saber empregar axeitadamente unha enciclopedia ou un diccionario, entre outras actividades. E as bibliotecas municipais están precisamente de noraboa xa que ven de ser resolta a XIV Campaña María Moliner de Animación á Lectura, do ano 2011, resultando novamente seleccionado o seu proxecto conxunto de animación, e sendo a única pertencente á provincia de Lugo dentro dos 27 centros galegos seleccionados. Pola súa parte, a cabalgata de Reis pechará as actividades impulsadas polo concello o 5 de xaneiro. As Súas Maxestades pasarán primeiro por Currelos e despois acudirán, como cada ano, á igrexa parroquial e ao auditorio de Escairón.

ACTIVIDADES NO CÍRCULO SAVIÑAO

Pero estas actividades non son as únicas, e os adultos terán o seu espazo no programa impulsado este ano polo Círculo Saviñao, que xa desenvolveu iniciativas navideñas nos pasados días. O vindeiro día 29 o voceiro de Urbanismo do PP no Parlamento Galego ofrecerá unha conferencia arredor da regularización das construccións sen licenza, unha temática de grande interese práctico para veciños do municipio. O día 30 de decembro inaugurarase a exposicón fotográfica de Jorge R. Lago, o fotógrafo que amosará a través das súas instantáneas a súa relación co rural de Brollón. En fin de ano a cita está no seu local a partires da 1:30 da madrugada cunha festa amenizada polo grupo Anagrama. O 7 de xaneiro ás 20.00 horas terá lugar o Concerto de Pulso e Púa da Rondalla Benfeita de Monforte, que estaba previsto para decembro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Actividade diaria para os nenos durante as vacacións de Nadal en Chantada

Seguinte Nova

O goberno local de O Saviñao estuda como atender os servizos de axuda a domicilio o vindeiro ano

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: