O ano de homenaxe a Lois Pereiro remata cun congreso adicado á súa obra

Robero Varela, conselleiro de Cultura, saúda ao académico e poeta Pere Gimferrer, en presencia do Presidente da RAG, Xosé Luis Méndez Ferrín, e do director xeral do Libro, Francisco López. CCT

O ano Lois Pereiro pechou as conmemoracións do espírito creador do poeta monfortino cun evento de excepción. Entre os días 15 e 17 de decembro tivo lugar o congreso “Lois Pereiro”, organizado pola Real Academia Galega en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e a Universidade de Santiago, no que vinte figuras senlleiras da creación poética galega e hispánica reflexionaron sobre o universo Lois Pereiro, e aportaron a súa visión da obra e do espíritu poético do autor nado en Monforte de Lemos.

“PERFECTO COLOFÓN” AO ANO LOIS PEREIRO

As primeiras sesións do congreso “Lois Pereiro” desenvolvéronse ao longo do día 15 de decembro nas instalacións da Cidade da Cultura de Santiago. A sesión inaugural contou coa participación do conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, que calificou este evento como “o perfecto colofón a un gran ano de homenaxe a Lois Pereiro”. O titular de Cultura e Turismo fixo balance das actividades vinculadas á conmemoación do Día das Letras Galegas, adicado este ano ao autor monfortino, e suliñou que “a difusión que a figura e a obra de Lois Pereiro experimentaron ao longo deste ano foi exemplar, especialmente pola implicación que a sociedade galega amosou co poeta monfortino”. Roberto Varela incidiu na repercusión que a divulgación da obra de Lois tivo entre os máis novos, xa que “redundou nunha proveitosa achega a prol do hábito lector na mocidade galega”.

“POPULARIZACIÓN” DO HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS

Na súa intervención, o titular de Cultura e Turismo do goberno autonómico destacou o “éxito” que supuxo que a conmemoración da figura do homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano acadase “a popularización sen caer na banalización ou no reducionismo”, o que fixo posible “o desterro de tópicos e un afondamento na pura beleza da súa poética”. Varela aproveitou o inicio destas xornadas de reflexión literaria para destacar o feito de que parte destes actos tivesen lugar na Biblioteca de Galicia, á que calificou como ”un espazo que aspira a converterse nun centro neurálxico para a nosa produción literaria e editorial”.

POETAS, ACADÉMICOS E CREADORES REFLEXIONARON SOBRE LOIS PEREIRO

O congreso celebrado entre Santiago e A Coruña acolleu unha ampla variedade de persoeiros do mundo da poética galega e hispánica. Pere Gimferrer, académico, prosista, poeta e Premio Nacional en tres ocasións (de Literatura, de Poesía, e de Literatura Catalana) foi o encargado de iniciar as intervencións dos poñentes, coa súa lección sobre a dimensión europea do poeta Lois Pereiro, mentres que o escritor Manuel Rivas se adentrou na faceta máis persoal e próxima do poeta monfortino. Pola súa parte, Xosé Manuel Pereiro, xornalista e irmán de Lois, reflexionou sobre o mundo do poeta monfortino, mentres que a análise das diversas facetas da súa poesía foron desglosadas por destacados representantes da poética galega, como Luz Pozo, María do Cebreiro e Chus Pato. Creadores pertencentes ás diversas áreas da arte tiveron tamén presenza neste congreso adicado a Lois Pereiro, como o artista Antón Patiño e o escritor e actor Antón Lopo. Na clausura deste tres días de análise da obra de Lois Pereiro, o director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, suliñou a capacidade que ten Galicia para “crear correntes novas con prolongación noutras comunidades, noutros países e mesmo noutros continentes”. Asimesmo, agradeceu a todos aqueles que fixeron posible o xurdimento do poeta Lois Pereiro, “aos amigos que o apoiaron, como Manuel Rivas, que soubo recoñecer o talento do amigo; ás editoriais que o acolleron, como Edicións Positivas, e a tódalas institucións que colaboraron na difusión da súa obra”.

1 Comment

  1. Independientemente de los valores literarios de Pereiro o si su trayectoria es o no suficiente para que se le haya dedicado el día mas grande de la Literatura Gallega.. estamos asistiendo a una reescritura de la época de la movida completamente falseada, en relación con la importancia de La Coruña ( ciudad en la que la movida ni se notó) y que se ha hecho una exposición llamándola posmoderna???? pero sobre todo con las coletillas que aparecen en relación al grupo Radio Océano » grupo mítico de la movida???? cuando , grupo de repercusión nula y desconocido entre los más adeptos a la movida…. sin una sola canción de éxito y q para el que Lois escribió alguna letra…eso sí, liderado por su hermano, periodista de gran predicamento en el mundo de la prensa – es el Director)-y Comisario de esa falseada exposición…

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Éxito da Feira Agroecolóxica «Bocados» en Monforte

Seguinte Nova

9.600 veciños da comarca sarriana xa poden acceder a internet grazas ao Plan de Banda Larga

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: