Os Reis recibirán persoalmente a cada neno en Ferreira

Ademáis do Certame de poesía de Nadal -en colaboración coa Biblioteca Nodal de Lugo- común a moitos dos concellos da zona sur de Lugo e Sarria, e das numerosas actividades teatrais impulsadas nestes días de decembro polo centro sociocultural do Concello de Pantón, o Nadal estará repleto de actividade neste municipio. Nada máis rematar as clases os rapaces terán actividades no centro sociocultural dende as 11:00 ata as 13:00 horas, de luns a venres, excepto os días festivos e o 24 e 31 de decembro.

O día 5 haberá un festival de Reis moi especial cunha festa infantil a cargo dun grupo de animación, tamén haberá xogos e obradoiros de tatoo ou globoflexia. Ás 19:00 horas, no salón de actos do edificio sociocultural, os Reis Magos de Oriente comezarán a recibir aos nenos asistentes que poderán falar con eles persoalemente ao tempo que recibirán algúns agasallos. Esta festa estará acompañada coa actuación da Banda de Gaitas de O Castro, ‘ Os Castros’.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Intensa actividade para os días de Nadal en Sober

Seguinte Nova

Pantón acolleu a entrega de premios da XIX edición do Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss