9.600 veciños da comarca sarriana xa poden acceder a internet grazas ao Plan de Banda Larga

• O Plan de Banda Larga 2010-2013 da Xunta de Galicia ven de posibilitar que 9.644 veciños da comarca de Sarria que carecían de acceso á Rede teñan a posibilidade de conectarse a Internet. Segundo indicaron os responsables desta iniciativa, o obxectivo do Plan, que está a desenvolver a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, é acadar no 2013 o 100% de cobertura na comunidade.

MÁIS COBERTURA

Na comarca de Sarria o Plan facilitou o acceso á rede a 9.644 veciños sen cobertura grazas ás actuacións levadas a cabo nos sete municipios que a integran, o que supuxo pasar dun 35% da poboación cuberta ao 74%. Antes da posta en marcha do Plan de Banda Larga, a maioría dos concellos da comarca de Sarria superaba o 16% de habitantes con cobertura.

INCREMENTO POR CONCELLOS

Os incrementos máis destacados producíronse nos concellos de O Incio e Samos nos que se partiu dunha cobertura practicamente nula a superar o 46% e 40% respectivamente, o que beneficiou a preto de mil veciños no Incio e a case 700 en Samos. Os despregamentos do Plan beneficiaron tamén a 1.340 veciños de Láncara, preto de 900 de Paradela, máis de 1.370 do Páramo, preto de 4.000 de Sarria e case 500 de Triacastela.

BALANCE DO PLAN

Dende xaneiro de 2012 e tras a posta en marcha de máis da metade das actuacións previstas no Plan de Banda Larga 2010-2013, son xa máis de 393.000 os galegos que poden acceder á banda larga e que ata agora non tiñan acceso a ese servizo. Segundo informaron os responsables deste Plan, permitirase que a porcentaxe de galegos con acceso á Rede chegue ao 87,30% fronte ao 70% existente en 2009. A posta en marcha destas iniciativas está a conseguir que Galicia reduza a fenda interna entre as zonas rurais e urbanas. En 2010 a diferenza media na dispoñibilidade de acceso á banda larga entre as provincias do interior e as do eixo atlántico pasou dun 20% a un 10% e a previsión é que en 2011 esta porcentaxe diminúa ata un 5,5%. Ademais, conseguiuse garantir a cobertura de Internet de calidade a máis da metade dos parques empresariais e polígonos industriais con carencias de cobertura así como, posibilitar o acceso de calidade a Internet á maior parte dos puntos de demanda de servizos públicos sen banda larga.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O ano de homenaxe a Lois Pereiro remata cun congreso adicado á súa obra

Seguinte Nova

A música xove de Monforte ten premio

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: