A gastronomía foi un reclamo para incrementar o negocio dos establecementos de turismo rural participantes no Outono Gastronómico en Sarria

• A quinta edición do Outono Gastronómico en Turismo Rural na que participaron dous establecementos da comarca de Sarria (Rectoral de Goián e Casa de Láncara) xerou un movemento total de 480.000 euros no conxunto da comunidade autónoma. Máis de 7.200 persoas puideron disfrutar dos 4.170 menús, paquetes ou fins de semana que comercializaron as 125 casas de Turismo Rural participantes nesta edición. Do cuestionario enviado a todas as casas participantes, obtívose unha valoración moi positiva do paquete, segundo informaron dende Turgalicia. Así, nunha escala de 0 a 10 puntos, os participantes valoraron en 8,8 puntos o interese da campaña consistente en elaborar en cada caso dous menús concretos para esa tempada; os negocios pretenden darlle continuidade en 2012, e en xeral, cifraron en 7,2 puntos a contribución que o Outono Gastronómico fixo para o incremento das súas reservas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os vendedores da Praza de Monforte traballan nos seus novos postos

Seguinte Nova

Case 500 asociacións e clubes deportivos recibiron axudas da Área provincial de Deportes

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: