A música xove de Monforte ten premio

Os monfortinos “A velas vir”, gañadores da 1ª edición do certame “En marcha Música Xove” entre 14 grupos de rock lucenses

• O pasado 12 de xaneiro tivo lugar a entrega dos premios correspondentes ao 1º certame En Marcha Música Xove, organizado pola Vicepresidencia Primeira e Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo. O primeiro premio foi para o grupo de rock de Monforte A Velas Vir, e que consiste na edición dun CD con nove dos seus temas, do que recibirán 1.000 copias que poderán distribuír segundo o desexen. Pola súa parte, os grupos Yuno de Viveiro, Stick-Up de Sarria e Miriam López Vila de Lugo foron os finalistas deste certame, premiados con outras 1.000 copias dun CD conxunto con temas dos tres grupos. O acto de entrega dos premios contou coa presencia do Vicepresidente Primeiro da Deputación de Lugo e responsable da Área de Benestar Social, Deporte e Mocidade, Antonio Veiga, do delegado de Cultura da Deputación, Mario Outeiro, e do responsábel da discográfica que gravou os CDs para os grupos gañadores, Eloi Caldeiro.

O vicepresidente Antonio Veiga entrega o galardón ao guitarrista do grupo monfortino A Velas Vir. GPVL

PROMOCIÓN DOS GRUPOS LOCAIS

Na súa intervención, Veiga e Outeiro destacaron que con este tipo de concursos búscase incentivar a creación musical entre a xuventude e ao mesmo tempo darlles a oportunidade, por unha banda, de gravar e ter un disco aos que resulten finalistas e, por outra, en tocar diante do público en escenarios profesionais para dar a coñecer as súas propostas. Na mesma liña, Antonio Veiga valorou moi positivamente o bo momento musical que atravesa a música nos grupos noveis dada a alta participación neste certame, malia quedar algúns sen poderse apuntar por ter os seus membros máis de 30 anos.

O vicepresidente primeiro da Deputación, Antonio Veiga, e o delegado de Cultura, Mario Outeiro, xunto a os galardoados no 1º certame En Marcha Música Xove. GPVL.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

9.600 veciños da comarca sarriana xa poden acceder a internet grazas ao Plan de Banda Larga

Seguinte Nova

“La defensa de los derechos laborales desde el sindicalismo”

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss