A Ribeira Sacra está presente un ano máis en FITUR

• Este mércores 18 de xaneiro arrancou unha nova edición de FITUR e Ribeira Sacra contará cun destacado espazo no stand de Galicia xunto ós outros 13 xeodestinos presentados pola Xunta de Galicia o pasado mes de novembro. Fitur é unha das feiras máis importantes de turismo no ámbito internacional e o Consorcio distribuirá no mostrador de Ribeira Sacra a guía turística de 2012, xunto a unha nova carpeta, planos e outros soportes que responden á nova imaxe promocional na que se está a traballar para este ano. Paralelamente, o Presidente e a xerente do Consorcio, Carlos Armesto e Alexandra Seara, manterán contacto con touroperadores e medios de comunicación de cara a posibles acordos de comercialización do destino.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Case 500 asociacións e clubes deportivos recibiron axudas da Área provincial de Deportes

Seguinte Nova

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra aproba os censos provisionais para as eleccións

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: