Case 500 asociacións e clubes deportivos recibiron axudas da Área provincial de Deportes

•A subvención destinada a colectivos e concellos neste concepto foi de 500.000 euros en 2011 •Para actividades culturais, este departamento destinou 650.000 euros o pasado ano

• Os responsables das áreas de Deportes e Cultura da Deputación de Lugo, dependentes da Vicepresidencia Primeira, deron a coñecer o balance das axudas destinadas tanto a asociacións e clubes deportivos como a colectivos culturais e concellos para o desenvolvemento de actividades nos eidos da cultura e do deporte.

APOIO AO DEPORTE

Así, o delegado de Cultura e Turismo no organismo provincial, Mario Outeiro, informou de que a Área de Deportes destinou en 2011 un total de 500.000 euros a apoiar aos clubs e asociacións deportivas e aos concellos lucenses na organización de actividades culturais, grazas ao que se beneficiaron 495 clubs e asociacións deportivas, mentres que os concellos lucenses recibiron 109 axudas. En total, os concellos lucenses recibiron 170.000 euros para organizar actividades deportivas ou eventos deportivos e mellorar os seus locais e equipamentos deportivos, mentres que entre clubs e asociacións deportivas repartíronse 500.000 euros. Segundo explicou Mario Outeiro, para actividade deportiva de natureza competitiva destináronse 290.000 euros para 216 clubs, 110.000 euros para actividade deportiva non competitiva a 127 clubs e asociacións deportivas, e máis 100.000 euros para 152 asociacións e clubs destinados a organizar eventos deportivos.

O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e Manuel Martínez, portavoz do grupo socialista na Deputación, durante a presentación do balance das subvencións destinadas para actividades culturais no 2011. GPVD.

AXUDAS A CONCELLOS

46 concellos lucenses, pola súa banda, recibiron 60.000 euros para pagar as súas actividades deportivas, como escolas deportivas e outras actividades. Asimesmo, recibiron 10.000 euros tamén para organizar eventos deportivos 9 concellos lucenses, outros 35 concellos recibiron 75.000 euros para realizar investimentos en infraestruturas deportivas e 19 concellos beneficiáronse de 25.000 euros para adquisición de investimentos deportivos.

APOIO Á CULTURA

Na súa intervención, Outeiro informou que a Área de Cultura destinou en 2011 un total de 650.000 euros a apoiar ao tecido cultural e aos concellos lucenses na organización de actividades culturais, grazas ao que se beneficiaron 520 colectivos e os concellos lucenses recibiron 112 axudas das diferentes liñas en concorrencia. En total, os concellos lucenses recibiron 190.000 euros para organizar actividades culturais e mellorar os seus locais e equipamentos culturais, mentres que entre as asociacións culturais repartíronse 460.000 euros. Finalmente, Outeiro criticou a actitude da Xunta de Galicia ao eliminar as axudas correspondentes ao 2011 e a parte do 2012 para cultura, e de unificar as destinadas ao deporte no bienio 2010-2011.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A gastronomía foi un reclamo para incrementar o negocio dos establecementos de turismo rural participantes no Outono Gastronómico en Sarria

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra está presente un ano máis en FITUR

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir aInicio

Don't Miss