Comercio en Sarria: Premiados por mercar na vila

Os premiados xunto a responsables de Aces no local que o colectivo de comerciantes ten na rúa Calvo Sotelo en Sarria. ACES

• A pasada semana, os veciños da comarca de Sarria que foron premiados pola campaña de nadal da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria, reuníanse na sede do colectivo para recoller a súa recompensa por ter realizado compras na vila. Os premios consistiron desta volta en 15 vales de compra, dos que 5 son de 100 euros e os outros 10 teñen un valor de 50 euros para consumir no comercio asociado de Sarria. A data límite para canxealos será o 31 de xaneiro.

Os premiados con vales de 100 euros foron Lorena González, Martín López López, Felipe Fernández, Ana López e Eva López. Por outra banda, os premiados con vales de 50 euros foron Julia Graciana Pérez, Jennifer Rodríguez Losada, Begoña Campo Díaz, Josefa Alonso, Vanessa Fernández, María Valcárcel, María López Fernández, María Cruz López e Conchi Rodríguez. Os establecementos que deron os premios, ao azar, foron Calzados Chabel, Viajes Ecuador, Senayo, Calzados Gayoso, Ara Moda, Mercería Sarillo, Meigallo Complementos, Herboristería Linva, Peluquería Estilo e Ferretería Sarria.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra aproba os censos provisionais para as eleccións

Seguinte Nova

Noite de monólogos de primeira liña en Monforte

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio

Don't Miss